Vai alá un ano!

Boas!

Xa pasou un ano dende que rematou a campaña de micromecenazgo da Escoliña de Vilar. E non foi en balde!

-A finais do inverno prantamos unha chea de árbores autóctonas (acivros, sobreiras, carballos, cerdeiras…) nunha parte do monte que ardeu o verán pasado.

-A obra segue avanzando. En abril inauguramos o chan de madeira cunha actuación do mago Antón. E contamos con rematar todo no verán. Xa vedes que non descansamos…

-Estamos enviando as vosas recompensas. Se non che chegou a túa, estará a piques.

-Tamén estamos a facer traballos menos visibles en relación ao proxecto: formación de acompañantes, familias e comunidade; organización, coordinación…

-E outro dos nosos compromisos pendentes é a festa de inauguración. En canto teñamos a data informámosvos.

Isto non para!

Apertas dende as montañas de Lugo

Voluntariado en Vilar

Acabados xa os meses de xuño e xullo, a partir de agora as voluntarias que queirades traballar con nós teredes que enviarnos un correo a escolinhadevilar@riseup.net e contarnos a vosa dispoñibilidade .

Lembrade que os traballos na escoliña son, principalmente, de xoves a domingo, que contaredes con zona de acampada e os básicos de comida (arroz, pasta e legumes) enriquecidos coas verduras das nosas hortas e que precisades ilusión e ganas de traballar.

Non faltarán ó final do día a fogueira e as estrelas.

Bo plan, non? Pois xa o sabedes…aquí vos esperamos!!

Apertas dende a montaña!!

Calendario de voluntarias para xuño e xullo

Ola a todas!

Aquí chega o tan esperado CALENDARIO DE VOLUNTARIAS!! (pinchade e escribide)

Queredes vir a axudarnos coas obras de reconstrucción da escoliña de Vilar?

Somentes tedes que apuntarvos, deixar o voso correo electrónico e traer con vós ilusión e gañas de colaborar.

Temos preparadas dúas zonas de acampada, polo que precisaredes tenda, saco e esterilla. Para a comida podedes contar con hortalizas das nosas hortas e un kit de básicos (legumes, arroz, pasta e pan). Os caprichos corren pola vosa conta.

Podemos acoller a 10 persoas por fin de semán de traballo, aínda que tamén podedes apuntarvos días soltos. Tédesvos que organizar nos coidados (cociñar, limpar, buscar leña para a fogueira da noite e todo o que vos apeteza aportar para que as currelas e vós mesmas esteades a gusto).

Calqueira dúbida enviádea ao correo escolinhadevilar@riseup.net.

Aquí esperámosvos cos brazos abertos e a ferramenta preparada!

Apertas dende a montaña.