COLABORA CON NÓS

Moitas xentes pequenas cultivando hortas pequenas, acabarán ca fame no mundo (escoitado a unha muller africana).
Moitas pequenas achegas farán que as necesidades se convertan en capacidades

– Como facer chegar o teu apoio:

Facendo a túa achega:

  1. Facendo un ingreso nesta conta (Abanca):
    ES07 2080 0118 4330 0011 4444
    (concepto: escola de Vilar)*
  2. Difundindo e facendo público o teu apoio.
  3. Participando na nosa canle de Vimeo cun video para apoiar o noso proxecto.
  4. Ven e colabora no traballo, o noso email escolinhadevilar @ riseup.net

Aumentar o colectivo de persoas que poidan sentir vinculación co proxecto,
ademáis de facer máis sinxelo acadar a financiación que precisamos, de seguro ha de xerar capacidades e sentir comunitario en moita máis xente.

*Se che cobran por poñer concepto, pois non o poñas e mándanos un mail co teu nome e a cantidade.