Category Archives: Movémonos

Actividades en Lugo

Movímonos pola cidade de Lugo, fumos convidados por Bico de Grao, onde puxemos en primicia un dos nosos videos colaborativos, curioso periplo – kaña en la montaña. Ademáis foi nesta presentación onde xurdiu unha nova oportunidade para dar a coñecer o proxecto no…

Ateneo libertario engranaxe bicodegrao, onde topamos cun compañeiro que viviu no val hai xa 36 anos, e que nos axudou a contextualizar se cabe un pouco máis acertadamente.

Queremos darvos as grazas por acollernos con tanto agarimo.

Nós participamos cada martes de 5 a 8 da tarde no mercado municipal de Lugo, o Mercado da Terra. Leva funcionando dende hai xa 4 anos e, tal e como fixemos o ano pasado, este tamén presentamos a nosa axenda de actividades, que arrancaba este ano coa presentación do proxecto da escoliña de Vilar. Unha vez máis agradecer todo o apoio e a colaboración que se nos brindou tanto por parte de todo o equipo que formamos mercado da terra  como polas súas usuarias fieis que nos siguen apoiando cada martes e, como era de esperar, nesta ocasión tamén responderon solidarizándose co noso proxecto.

 

Ourense coa Escoliña de Vilar


Durante os dias 5 e 6 de maio estivemos en Ourense presentando o noso proxecto.

O xoves 5 xuntámonos no bar O Renque  e o que comenzou como unha simple charla informativa rematou cun vivo e enriquecedor debate.

O dia seguinte continuamos coa xente do CSO A Kasa Negra. Comezamos a xornada cunha charla mentras o comando cociña preparaba unha deliciosa cea vegana. Rematou a xornada cos concertos de Humanity?, Folkolikos e Zeltya pinchando os seus mellores temas. Agradecemos a todas as persoas implicadase comprometidas, que puxeron a súa enerxía para que todo fose perfecto.

¡E fermoso!

Revolucionando a escola en Uvieu, con Loco Matrifoco

IV Jornadas de Educación Loco Matrifoco 2016

 

 

 

 

 

 

A fin de semán do 1 de maio compartimos con xentes do eido da educación, nas IV Jornadas de Educación: “Revolucionando la escuela”, organizadas por Loco Matrifoco. Puidemos coñecer experiencias e iniciativas de educación libertaria, como é Paideia, que conta cunha traxectoria de 38 anos, ao antipedagogo Pedro García Olivo ou a Norberto Martín, mestre da escola unitaria de Muñas e moi comprometido co mundo rural. Unha vez máis fumos acollidas con agarimo e poidemos sentir o interese e o apoio ao noso proxecto.

 

 

ovieuVoltamos a casa coa sensación de que paga a pena o esforzo que estamos a facer. A maiores de conseguir apoios e colaboracións, entre todas alimentamos ese urdido invisible que une ás persoas e favorece comunidades.

Un bico enorme a Sure, que naceu e medrou en Vilar e que, aínda que agora non viva aquí, sempre foi e será unha de nós.

Queremos agradecer a esa persoa, da que non sabemos nin o nome, que participa no ateneo libertario de Uvieu e que recolleu en audio as sesións das xornadas. Radio QK pon á disposición de todas estes audios.

Feira do Viño de Negueira

Este sábado estivemos na Feira do Viño de Negueira. Un día de festa regado cos viños do val, algún xa con moita sona. E sonando estivo a banda das nosas aldeas, que tocando polos carreiros de Negueira fixo colecta para o
proxecto da escoliña de Vilar.

Todo na compaña de grandes mestres da música galega, como César Fernández,Modesto Arias ou Nela de Bres, entre outros, que desde A Fonsagrada ata Taramundi veñen facer o pasarrúas (e deleitarse co viño tamén) cada ano.

No mercado estivemos tamén facendo campaña, nos postos das artesanas das vilas de Ernes, Vilar e Vilauxín. Coiro, pan e empanadas, conservas vexetais e zumes da ourela repoboada do val do Navia. Un día de troula brava algo pasado por auga!

…Pola de siero…

13/04  estivemos a presentar o proxecto en “la Tertulia”, un lugar moi acolledor onde se ofertan cafés e tes ecolóxicos. Tamén teñen un espazo para atoparse, falar, ler e  xogar, tanto para crianzas como para adultas. No mesmo lugar xúntase a xente de “alternatives” (https://alternativespoladesiero.wordpress.com/), un grupo de consumo de Asturies que nos invitou a presentar o proxecto.

Foi unha xuntanza moi familiar na que tratamos o eido social e histórico do val, o porqué de financiarnos mediante o micromecenazgo de goteo e sobre a obra e os materiais que precisamos para levala a cabo. Logo proxectamos o video e rematamos cunha charla aberta onde se creou un debate moi interesante sobre outros xeitos de vida e de educación e sobre o rural.
Tamén puxemos en común todos os proxectos que coñeciamos a nivel estatal.

Graciñas a todas as que asistiron.