Proxecto

Doutra banda, preténdese que sexa un espazo para o encontro e o desenvolvemento comunitario, no que promove-las actividades culturais e formativo- educacionais para @s que xa somos adult@s, pero queremos seguir medrando.

Para a rehabilitación do edificio é preciso realizar unha serie de melloras: como sustitui-los chans de madeira, illar teitos, renovalas fiestras e dota-lo das instalacións básicas.
A man de obra non profesional porémola @s que aquí moramos e estamos vinculad@s o proxecto, ainda que agardamos que tod@ aquel@ que o desexe poida acompañarnos.

O diñeiro que se precisa vai ser destinado na súa maior parte á merca de materiais e unha pequena parte do orzamento ó pago de man de obra especializada.

Acadar o noso obxetivo vai mais aló da rehabilitación do edificio e poñer a andar os proxectos que nel se farán, suporá unha importante mellora na vida d@s veciñ@s das vilas do redor e unha nova ferramenta que revitalizará de vez a propia aldea de Vilar.